O Concello de Ribeira, sumándose á iniciativa Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vén de doar diverso material informático á Asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauís) coa fin de envialo aos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria) por medio dunha caravana humanitaria prevista para o mes de abril.
A doazón estivo coordinada polos Servizos Sociais Comunitarios en coordinación co Servizo Municipal de Informática.
Entre o material doado figuran sete monitores de ordenador, un proxector, oito teclados, catro ratos, cinco gravadores de DVD, unha impresora-fax e diverso cableado.




