
Dun ou doutro xeito, as organizacións pesqueiras formulan sen nengún tipo de disimulos as súas pretensións de mediar para que os intereses alleos a elas fagan valer as súas teses en contra, evidentemente, das que aquelas defenden. Non importa o sistema, o método a empregar. O que se impón é o beneficio que se tira da actitude, como ven de se pór en evidencia na VI sesión especial da Comisión do Atún do Océano Índico (IOTC) que, en votación -un método non propio deste tipo de sesión, onde todo se acorda por consenso- tomou a decisión de erradicar o uso de obxectos frotantes troncos e madeira e valos- debaixo dos que se concentra atúns e outras especies de peixes, facilitando “a catura de exemplares con redes de cerco” que non son tales senon redes de enmalle ao garete (de deriva) expresamente prohibidas en Europa pero que 16 países (dun total de 30 que integran a devandita Comisión do Atún do Océano ïndico, entre estes a Unión Europe) apostaron por unha erradicación que prexudica directamente aos cerqueiros -deles varios españois- cando 11 deles non empregan redes de cerco para a captura de atúns senon que o fan con redes de enmalle ao garete, como corroborou a O Barbanza o presidente da organización de ámbito europeo Europêche, Javier Garat, para quen é indiscutible que ese países costeiros do Pacífico non fan outra cousa que beneficiar a un cidadán británico que tenta facerse con todo o mercado mundial do atún sen que ninguén, ata o de agora, puxera impedimento algún para evitar este monopolio.
Nen sequera a Unión Europea que, ainda que se agarda dela unha postura de franca oposición a tal pretensión, non se ten manifestado ao respecto, como se os Estados membros non se xogaran nada neste envite, no que sí ten un papel a desenvolver España e os cerqueiros atuneiros con base, maioritariamente, na comunidade andaluza.
Tal vez o feito de que o Reino Unido na non forme parte da UE teña animado ao empresario británico a botar o seu cuarto a espadas nesta oportunidade que brindou a IOTC.
Certamente, o sector pesqueiro español -e europeo- non da feito diante de tanto ataque.



