Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o parricida de Muros

24 Abril 2023

O xuíz do xulgado de Instrución número 1 de Muros decretou este luns pola tarde o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do presunto parricida de 19 anos e único detido pola súa vinculación coa morte do seu pai, un home de 59 anos. Está investigado por un delito de homicidio e acolleuse ao seu dereito a non declarar.

O corpo sen vida do proxenitor, con iniciais J.M.B, foi localizado este sábado con signos de violencia. Os servizos de emerxencias recibiron a alerta ás 00:40 horas e no domicilio familiar onde estaba o corpo sen vida do empresario estaba tamén o seu fillo, con iniciais A.M.P., que foi atendido polos sanitarios e dado de alta no lugar.

A Garda Civil confirmou á primeira hora do sábado que o corpo do home tiña signos de violencia e iniciou unha investigación para esclarecer o ocorrido, no marco da cal detivo ao seu fillo. A arma aínda non se localizou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...