Plan piloto da Deputación da Coruña para crear unha residencia pública comarcal para maiores en Rianxo

03 Abril 2023

A Deputación da Coruña impulsou un plan piloto para crear unha rede de residencias públicas para maiores de ámbito comarcal. Serán, segundo informou a entidade provincial a través do seu presidente, Valentín González Formoso, “residencias de pequeno tamaño e máis proximidade, con capacidade para unhas 50 persoas, coas que pretendemos mellorar o benestar e evitar o desarraigo e a soidade non desexada dos maiores, que moitas veces vense na obriga de ir a residencias moi lonxe do seu fogar”. Formoso engadiu que con esta rede búscase tamén “crear emprego e axudar a fixar poboación no rural”. Os primeiros centros emprazaranse nas Pontes, Rianxo e Ordes, segundo se recolle no protocolo acabado de asinar polo presidente e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; o vicepresidente, Xosé Regueira; a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños e a concelleira de Política Social de Ordes, Susana García.

Formoso explicou que estes tres primeiros centros suporán un investimento de 6 millóns de euros e crearán 188 empregos. Os centros serán de titularidade e xestión pública, “un modelo alternativo ao da Xunta de Galicia, que conta cun 90% de residencias privadas, con tarifas moitas veces inasumíbeis para as familias e que ademais non creou nin unha soa praza pública de residencias nos últimos 14 anos”, afirmou, engadindo que se trata “dun proxecto no que levamos meses traballando, cunha diagnose dos servizos sociais da provincia no que detectamos unha eiva significativa de dotacións destinadas a maiores”, explicou Formoso, que subliñou que “queremos arrancar este proxecto co consenso de todas as forzas políticas, é un proxecto de país”.

O presidente destacou tamén que espera “colaboración institucional” por parte da Xunta e agradeceu a colaboración dos concellos de Rianxo, Ordes e As Pontes, que se encargarán de ceder os terreos e redactar os proxectos, mentres que a Deputación da Coruña asumirá cunha partida orzamentaria de 6 millóns de euros a execución das obras e posteriormente a xestión dos centros.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, cualificou este proxecto piloto como “un modelo alternativo”, baseándoo en tres factores: na cooperación entre administracións, na procura “dun modelo asistencial máis humano”, e un modelo “máis acorde coas necesidades do noso territorio”.

Valoracións de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo

O alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños, mostrou a súa satisfacción “porque finalmente se concrete deste xeito o traballo destes anos en prol dun servizo básico hoxe como é unha residencia pública, que se poderá instalar no noso concello con ese carácter comarcal”. E engadiu: “Valoro tamén positivamente que sexa a Deputación quen se implique na xestión futura deste equipamento, garantindo o seu desenvolvemento e funcionamento e aposte por manter como pública a residencia, tanto nas persoas que a atenderán como na cobertura das prazas. Fago fincapé tamén no carácter plural da escolla dos concellos, no que debería ser o normal na instalación de servizos”.

O Concello, para materializar este proxecto, cederá unha parcela urbanizábel na zona de Rianxiño, a carón do Instituto de Secundaria e, tal como se estipula no proxecto, recibirá unha cantidade duns 300.000 euros para licitar publicamente un concurso de redacción do proxecto. Tras iso será a propia Deputación quen licite as obras, constrúa e xestione a residencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

“El día que yo me muera”. Manuel Dominguez

El día que yo me muera me marcharé sin marchar, si tú quieres. Plante ese naranjo, hace años, muchos años, pensando en ti, ahora son tus naranjas, que yo cuide con esmero. El manzano, donde un día yo jugué hoy juegas con tu hijo, mi nieto, recuérdale que un día tu...

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

“Unha amendoeira na praza da rioxana Alcanadre”. Antón Luaces

O cariñés Valentín Galage -defensor a ultranza do acontecer de Cariño (A Coruña)- espertou a través das redes sociais a curiosidade, primeiro, e o interese, dempois, de quen esto escribe ao se ao se ter feito eco Valentín Galage dun acontecemento que vai desembocar na...