“Pisar as rúas novamente”. Antón Luaces

12 Abril 2023

O colectivo de pensionistas e xubilados da Confederación Intersindical Galega (CIG) sae novamente ás prazas e rúas das cidades galegas  este xoves, 13 de abril, para esixir a revalorización das pensións conforme ao IPC acumulado ao final de ano e a recuperación dos dereitos perdidos en canto ás pensións. Un obxectivo este para o que consideran que é precisa a derrogación das reformas das pensións, comezando pola de 2011 até a aprobada o mes pasado.

O colectivo denuncia que, coas segundas pensións máis baixas do Estado, son eles os máis castigados pola suba desbocada dos prezos dos produtos básicos, nomeadamente o dos alimentos. Ao mesmo tempo anuncia que aproveitarán esta convocatoria  para recoller sinaturas da campaña que veñen desenvolvendo desde o pasado mes de febreiro en demanda da atención presencial en servizos como a banca, as administracións públicas ou a atención sanitaria, algo que ven sendo motivo de crítica por parte da xa amplísima familia de xubilados e pensionistas existente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Amáis das concentración previstas, vánse instalar mesas o vindeiro xoves, 20 de abril, en Vilagarcía e o 27 do mesmo mes, en Marín. E este xoves, 13, as concentración van levarse a cabo en Ferrol, ás 11,30 horas, diante do INSS, na rúa Catalunya; na Coruña, ás 11,00 horas, diante da Casa do Mar, con recollida de sinaturas; en Santiago, na praza do Toural, ás 11 horas; en Lugo, ás 10,30 horas, diante do edificio administrativo da Xunta (Ronda da Muralla); en Ourense, ás 11,30, no parque de San Lázaro, tamén con recollida de sinaturas; en Vigo, ás 11,00 horas, nas Travesas, e en Pontevedra, asimesmo ás 11,00 horas, diante do Hospital Provincial.

Segundo as estatísticas de pensións que manexa o INSS, as maiores concentracións de pensións de xubilación atópanse entre os 650 e os 900 euros ao mes. A porcentaxe de xubilados  que cobran menos de 1.000 euros é 51,02%. No que atinxe ás pensións máis altas de España, os datos evidencian  que o 19,09% das pensións de xubilación en España son de máis de 2.000 euros.

O 1 de abril de 2023 entrou en vigor a reforma das pensións deste ano, cun  incremento das bases máximas de cotización mensuais que se irán incrementando dacordo co IOPC anual máis unha porcentaxe do 1,2% ata 2050. Introdúcese unha “cota de solidariedade” para os salarios máis altos que, en parte, non  cotizan ao superar o límite máximo referido anteriormente. Esta cota adicional será do 1% en 2025 e se incrementará un 0,25% nos anos sucesivos ata chegar en 2045 ao 6%.

As pensións mínimas con cónxuxe a cargo subirán ata que poidan acadar o 60% da renda mediana dun fogar con dous adultos en 2027. As pensións no  contributivas chegarán en 2027 ao 75% do umbral da pobreza dun fogar unipersonal.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.