O voluntariado de Amicos e os escolares de Padrón recitaron máis de 54 quilos de lixo na contorna do río Sar

27 Abril 2023

Na mañá deste xoves 27 de abril a asociación da nosa comarca Amicos organizou unha nova acción de sensibilización con escolares do concello de Padrón. A xornada arrincou desde as inmediacións do Campo Municipal do Souto e transcorreu pola senda verde do río Sar. Esta acción contou co apoio do Concello de Padrón. O obxectivo da xornada foi concienciar á cidadanía, pero en especial ás novas xeracións da importancia de coidar do medio ambiente, en concreto a relevancia de manter limpas as contornas dos ríos.

Na acción contouse coa implicación de 67 alumnos do CEIP Rosalía de Castro e 43 do CEIP Flavia, grazas ao gran número de participantes puidéronse recoller e analizar os máis de 54 quilos de residuos retirados da contorna do río, durante a xornada lograron recollerse 46,5kg de plásticos, 5kg de vidro, 2kg de papel e 473 cabichas.

Desde o Consistorio, o alcalde Antonio Fernández enmarcou esta actuación na “aposta do Concello pola sensibilización ambiental desde as idades máis temperás. É fundamental que traballemos desde os colexios e os institutos para conseguir unha cidadanía máis concienciada co traballo colectivo que é a preservación do medio natural”. Para o alcalde resulta “especialmente interesante a cualidade práctica destas actividades, o feito de que os rapaces e as rapazas vexan en primeira persoa o que é a contaminación e o que cada un de nós pode facer para paliar os seus efectos”.

Doutra banda, Miguel Beiro, responsábel de Alianzas e Emprego de Amicos, agradeceu a asistencia e o gran labor levado a cabo polos escolares e voluntarios e voluntarias, “Foi unha, unha mañá de concienciación, inclusión, de facer novas amistades, e de concienciar da necesidade de coidar os nosos entornos” e mostrouse encantado de poder compartir esta xornada co Concello de Padrón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...