O vindeiro sábado terá lugar a XXXV Promoción do Ciclismo de Boiro 2023 – Gran Premio Ricardo Riveiro

26 Abril 2023

O Concello de Boiro colabora coa edición XXXV Promoción do Ciclismo de Boiro 2023 que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron a concelleira de
Deportes, Dores Torrado; o fundador do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro; e o membro da directiva, José Ramón Torrado.
A proba contará con diversos circuítos para distintas idades. Por un lado estará a proba alevín cun percorrido de 5,5 quilómetros; a proba infantil de 13.8 quilómetros e a proba cadete que percorrerá os municipios de Boiro e Rianxo e será de 51 quilómetros. “Haberá tamén un circuíto para as categorías Promesas e Principiantes de 1 quilómetro e, este ano, introducimos a modalidade de ciclismo inclusivo”, afirmou José Ramón Torrado.
O fundador, fai case 37 anos, do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, e ao que se lle dedica a proba por segundo ano agradeceu a todos os patrocinadores e colaboradores que, ao longo dos anos, facilitan a organización da proba. “É un percorrido que gusta moito a todos os clubs que veñen de fora e agardamos que o sábado transcorra sen incidencias”, afirmou Ricardo Riveiro.
“Esta proba é un referente xa do ciclismo e está máis que consolidada, algo que demostra o gran traballo que o Club Ciclista Barbanza e, nomeadamente, Ricardo Riveiro, levan facendo pola promoción do ciclismo nas categorías base ao longo dos anos”, afirmou a concelleira de Deportes, Dores Torrado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.