O pleno de Ribeira reclama ao alcalde que estude a alternativa do BNG á circunvalación

25 Abril 2023

Este luns 24 de abril o pleno da Corporación de Ribeira volveu a esixir ao alcalde que o Concello estude novamente a alternativa do BNG á circunvalación. En termos máis concretos, a petición, a terceira desta índole presentada na sesión formal da Corporación, insta ao Goberno local “a facer un estudo técnico para realizar a circunvalación de Ribeira pola estrada de Xarás-Frións como propuxo o BNG no seu día”. A proposta, asinada de maneira conxunta entre os grupos BNG, PBBI, PSOE e SR, aprobouse por maioría cos votos en contra do PP.

Os grupos sinalaron que é necesario “facer un estudo no que se valore a proposta do BNG de reformar a estrada de Frións-Xarás para convertela na circunvalación que Ribeira precisa”. Segundo engadiron, esta alternativa tería “un menor impacto ambiental ao non ter que facer grandes movementos de terra, tería menor impacto social ao non afectar núcleos habitados e sería máis económica por ter só que mellorar o trazado existente mediante o suavizado de curvas e a construción de carrís de subida e baixada adicionais”. Ademais os grupos inciden que esta proposta “saca tráfico do centro urbano mentres que o trazado da Xunta promove maior densidade de tránsito polo centro”.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, explicou que “esta proposta, de facer a circunvalación por Frións, alén de beneficiar a barrios tan poboados como Fafián, Coveliño, As Abesadas e o centro urbano de Ribeira, daríalle servizo á poboación e negocios de Carreira e Aguiño”. Ademais do anterior, Barral detallou que baixan de Corrubedo, Olveira, Oleiros e Artes ao centro de Ribeira poderían escoller esa alternativa para desembocar directamente nos aparcadoiros disuasorios das Abesadas coa conseguinte redución do tráfico rodado no centro urbano.

Pérez Barral criticou ao Partido Popular “por pretender gastar 10 millóns de euros, enfrontándose a todo o mundo para seguir adiante sen contar con ninguén pois nin os grupos da Corporación nin a veciñanza avalan o trazado proposto pola Xunta”. O concelleiro nacionalista dixo que “tras dous acordos plenarios incumpridos, esta moción é o emblema demostra que o Goberno local é incapaz de cumprir a súa palabra e por tanto, non é de fiar”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...