“O corte e comercialización de aletas de quenlla, novamente a debate”. Antón Luaces

01 Abril 2023

Daniel Voces, director Xeral de Europêche -organización vencellada a Cepesca- informou no Parlamento Europeo sobre a iniciativa cidadá “Stop finning, stop the trade” (parar o corte de aletas, parar o comercio) referida á pesca da quenlla, esencialmente a captura e comercialización de aletas deste escualo.

Na súa intervención, Daniel Voces lembrou que a frota da Unión Europea condea unánimemente  a práctica do “finning” (corte de aletas das quenllas, guindando ao mar o corpo deses animais mariños mutilados) por parte de calquera frota do mundo , salientando que a frota comunitaria nunca realizou esta práctica, como o evidencia o feito de que tampouco nunca cometera infracións en tal sentido ou recibido sanción algunha por tal motivo. Referíuse tamén ao valor que se concede á comercialización e degustación de carne de quenlla, “especie da que se aproveita todo”. De feito, en todas as Organizacións Rexionais de Ordenación Pesqueira (OROP),o “finning” esta estritamente prohibido e mesmo é algo penado polas ONG de todos os países.

As pesqueiras que garanten a xestión sustentable das quenllas están severamente reguladas polos diferentes países nas súas respectivas augas xurisdicionais e polas organizacións de todos os océanos.  Existen numerosos instrumentos internacionais legalmente vencellados que regulan a pesca desde un punto de vista biolóxico, ambiental e de control. Un deles é o citado “finning”, en vigor desde o ano 2013, polo que todos os buques da UE deben cumprir a política das “aletas apegadas ao corpo”, regra comunitaria que debería respectarse por todas as frotas do mundo. Unha norma que tamén fai súa o Acordo de Medidas do Estado Rector do Porto, que esixe a verificación e inspección dos pesqueiros que ingresan aos portos para garantir que cumpran coa lei: unha vez desembarcados os exemplares, as autoridades nacionais deben emitir un certificado de captura que acompañará ao corpo da quenlla e as súas aletas ata o momento que chegan ao consumidor. Así, a UE dispón da política máis avanzada para combater a pesca ilegal de quenllas.

A frota europea (nomeadamente España e Portugal) capturan principalmente a tintoreira e o marraxo dentuso, esta última con retención imposta pola Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT en 2021 para o stock norte e, o ano pasado, cunha cota para o stock do sur que a UE reduciu prácticamente a cero. Polo tanto as capturas de marraxo dentuso no océano Atlántico están prohibidas.

No tocante ás tintoreiras ou quenllas azuis, a súa presenza é abundante e goza de boa saúde en todos os océanos. A súa aleta visualízase doadamente dada a súa coloración azul metálico, a carencia de espìñas na base e outros factores diferenciadores. Eis o motivo polo que a identificación visual pode facerse con facilidade.

A maioría das capturas de quenlla da frota europea en todos os océanos se transporta desde Vigo, onde finalmente  se separa a aleta do corpo. A carne véndese en moitos países da UE, en América do Sur, Rusia e Ucraína (antes da súa invasión). As aletas envíanse a países asiáticos e Estados Unidos.

Segundo a FAO, as regulacións máis restrictivas dos mercados nos distintos estados provocaron a redución do comercio de aletas de quenlla: ata un 50% desde 2003. Os ingresos que obteñen os pescadores pola comercialización da quenlla representam arredor do 60% do total, sendo o 40% restante procedente da venda das aletas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.