O Concello de Lousame e ACADAR organizarán obradoiros grupais e intervencións individuais para mulleres con discapacidade

19 Abril 2023

O Concello de Lousame, en colaboración coa Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR), vai poñer en marcha un proxecto que busca promover a igualdade de oportunidades na participación social e a autonomía persoal das veciñas con discapacidade nun municipio rural como é Lousame. Trátase do proxecto Enrédate.

En concreto, a iniciativa pretende formar un grupo de mulleres de Lousame coas que realizar uns oito obradoiros grupais e intervencións individuais ata o vindeiro mes de agosto. As sesións grupais terán unha duración de tres horas e os horarios serán flexíbeis, en función da dispoñibilidade das participantes, informou o Concello.

A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, explica que “os obradoiros están dirixidos a mulleres con discapacidade coas que trataremos, tanto de forma grupal como individual, cuestión como a autoestima, as habilidades sociais, a violencia cara as mulleres, o empoderamento, a intelixencia emocional….”. Aquelas veciñas que desexen participar ou precisen de máis información sobre “Enrédate” poden contar contactar co Departamento de Servizos Sociais de Lousame (981 820 494) ou con ACADAR (info@acadar.org ou 674 073 092)

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.