O Concello acondiciona o firme no camiño de Meiladín en Olveira (Ribeira)

06 Abril 2023

Operarios da empresa adxudicataria, Construcciones Ponciano Nieto, S.L., veñen de proceder á mellora do firme do camiño de Meiladín, situado na parroquia de Olveira: unha das actuacións financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2022-2023, ao igual que a do camiño entre Eirexa e Gándara, xa executada.

Segundo explicaron fontes do Concello, o camiño, de 445 metros de longo, presentaba defectos e sinais de desgaste no seu aglomerado asfáltico. As obras de mellora incluíron tamén a roza e a limpeza da vexetación, a preparación das marxes do camiño, a regularización do mesmo botando aglomerado en quente nas zonas de fochancas e esconchados, a aplicación dunha subbase de saburra nas marxes e a extensión dunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor en toda a lonxitude e ancho da vía.

Supuxeron un investimento de 37.081 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.