“O Camiño, facendo país”. Luís Celeiro

13 Abril 2023

Ela foi camiñando soa. Camiñando, cantando, rezando e pensando, como unha gallarda peregrina garrida. Foi, desta vez, polo Camiño Mozárabe de Santiago, ramal a ramal e punto a punto, atravesando territorios de provincias distintas, chorando polos mortos de cada
cemiterio, aliándose con solidariedade viva cos traballadores que non traballan e non figuran nas listaxes do paro, con aqueles que non cobran máis que un subsidio tan pequeno,
que non lles chega para evitar o desgusto. Ela foi e volveu tal como era.
Agora, de volta na casa, goza das novas oportunidades que achega a historia. Está contenta de ver o documental “Exeria: a primeira peregrina”, aquela que foi dende Gallaecia a Terra Santa (século IV) e que, segundo o seu director L. Menéndez Villalba, foi viaxeira e peregrina “antes das grandes peregrinacións a Roma, Xerusalén ou Santiago de Compostela”.
O profesor, catedrático de Latín e numerario da Academia Xacobea, Eduardo López Pereira deulle soporte intelectual e científico a este vídeo e, para ledicia de todos, un libro da súa autoría está disposto nos andeis das librerías e das bibliotecas, “Exeria, viaxe a Terra Santa”.
A última edición conta con ilustracións magníficas da almeriense Rosa Rodríguez López.
No dicir dos investigadores e estudosos, en 1884, Gian F. Gamurrini atopou, na Toscana, “a copia dun manuscrito latino redactado contra finais do século IV por unha muller”. Era Exeria, da que “xa tiñamos noticias do ano 680 polo monxe Valerio do Bierzo”, di o profesor. Parabéns para as mulleres peregrinas, esas que, en calquera época, van coñecendo mundo, acompañando á luz e fortalecendo o camiñar dos pobos humildes.
Ela foi polo Camiño Mozárabe e xa está de volta na casa. Dende Almería, dende Xaén ou dende Málaga ata Santiago de Compostela hai moito que andar, moito que ver e moito que aprender. Estes camiños, distinguidos lectores e distinguidas lectoras, chegan a Galicia e a Santiago de Compostela seguindo a ruta marcada polas estrelas e polas frechas amarelas.
Todas as rutas, ao seu paso, converten a Galicia na terra, val, serra e mar do Camiño. O Camiño de Elías Valiña, da cultura, da arte, do encontro e da fraternidade entre os diferentes, entre pobos e civilizacións, o voso e o meu Camiño, que -como di a Tía Manuela- “vén polo mundo facendo país”.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...