BNG de Porto do Son dou a coñecer na Casa da Cultura de Porto do Son os integrantes da súa candidatura, un equipo liderado por Balbino González e formada por vinte veciños dos que o cabeza de lista asegurou sentirse orgulloso, «tanto do número 2 coma do 20». Con ese grupo, os nacionalistas presentáronse coma unha alternativa que gobernará para as persoas.
«Cremos con sinceridade que o Concello están sendo mal xestionado», resumiu González, quen na súa intervención criticou con dureza o labor do goberno do PP: «Falta proxecto, fanse obras que non levan a ningún lado». Fixo tamén un balance da actividade de oposición realizada polo BNG nos últimos catro anos, destacando que «estivemos sempre apoiando aos veciños, co tema do colexio e o semáforo de Portosín ou co saneamento e Queiruga». Arroupando a candidatura estiveron Sol Agra, responsable comarcal, e a deputada Rosana Pérez.

remitida



