Novos horarios dos puntos de vacinación COVID a partir do 10 de abril

08 Abril 2023

A Consellería de Sanidade informa que, a partir do 10 de abril, establécense novos horarios nos puntos de vacinación COVID. O departamento sanitario galego lembra que é importante facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación Sergas Móbil.

Os novos lugares e horarios pódense consultar no seguinte enderezo:  https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Vacinacion-Covid-OC

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recorda que os puntos de vacinación seguirán abertos con novos horarios para aquelas persoas que lles falte por administrar algunha dose desta vacina.

Cómpre remarcar que, con datos de vacinación a 24 de febreiro (último actualizado polo Ministerio de Sanidade), Galicia segue de primeira no conxunto do Estado en porcentaxe de vacinación con dosis de recordo en maiores de 80 anos, cun 87,64%; en 70-79, cun 83,67 %, e en 60-69, cun 74,44%.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...