Medio Ambiente salienta a boa evolución do proxecto de recuperación da Iberodes Littoralis no Parque Natural de Corrubedo

14 Abril 2023

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou este venres 14 de abril, no Parque Natural de Corrubedo (Ribeira), a boa evolución do proxecto que desenvolve a Xunta coa Universidade de Santiago de Compostela para a recuperación da especie ameazada Iberodes Littoralis no dito Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

Durante unha visita á zona, a conselleira puxo en valor “que a floración dos exemplares da especie reintroducida supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar do parque”.

Ángeles Vázquez explicou que para chegar a esta fase o equipo da USC, coa colaboración sobre o terreo de persoal do Parque, repoboou un total de 20 parcelas duns 3 metros cadrados de superficie cada unha en base a uns estudios previos que “permitiron realizar unha selección das áreas máis idóneas para o desenvolvemento da especie e con maior idoneidade de hábitat”, sinalou.

Logo de subliñar que “xermolaron ao redor do 30% das sementes implantadas” e que “floreceron moitos dos exemplares”, a conselleira indicou que “o seguinte paso deste proxecto consistirá en comprobar a capacidade das novas plantas para producir sementes viábeis que pechen o ciclo biolóxico da especie e aseguren a permanencia da especie na contorna”.

Tamén lembrou que o último rexistro que se tiña desta especie databa do ano 2007, cando foran localizados pouco máis de 120 exemplares.

O Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán ten unha grande importancia na preservación do medio ambiente ao ser unha das principais zonas dunares de Galicia. De feito, alberga a maior duna móbil da Comunidade. Ademais, é fundamental o seu papel como receptor de aves migratorias e como zona de reprodución e invernada das mesmas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.