Dous incendios en vivendas de Boiro e Muros ao arder dous deshumidificadores

09 Abril 2023

A primeira hora da tarde deste domingo rexistráronse dous incendios, un en Muros e outro en Boiro coa mesma orixe dous deshumidificadores que comezaron a arder espontaneamente.

O primeiro dos lumes detectouse ao fío da unha da tarde nunha vivenda situada na recta de Abanqueiro, no municipio boirense. Un particular avisou ao 112 de que saía fume dun inmoble, no que nese momento non había ninguén. Ao lugar desprazáronse de inmediato unha dotación de bombeiros de Boiro e o servizo de emerxencias municipal, o lume non causou danos máis aló do deshumidificador aínda que si orixinou unha densa fumareda que afectou o resto da vivenda.
O segundo incendio tivo lugar en Esteiro, Muros ao redor das dúas da tarde. Ao lugar acudiu o GES, que cando chegou atopouse con que os residentes na casa lograran sufocar as chamas coa axuda dun extintor. O incendio afectou a unha neveira e algún outro aparello eléctrico.

A.D.C.Bomberos Boiro. Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu nun incendio de vivenda en San no Concello de Boiro. Colaboran SMPC Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.