
A Garda Civil investiga as circunstancias da morte dun veciño de Muros, que foi achado na súa vivenda con signos de ser agredido a noite do venres ao sábado. Segundo fontesda investigación o fillo da vítima, un mozo de 19 anos e iniciais A.M.P, está detido por presunto homicidio.
Unha patrulla da benemérita de Negreira desprazouse ao lugar dos feitos a pasada madrugada tras recibir un aviso do 112 e confirmou que fora localizado o corpo sen vida dun home con signos evidentes de violencia.
Para esclarecer o ocorrido abriuse unha investigación que leva a cabo o equipo da Policía Xudicial de Noia.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que o falecido é un home de 59 anos de idade, con iniciais J.M.B. A central de emerxencias recibiu o aviso ás 00,42 dunha agresión neste municipio coruñés. Ao lugar do accidente acudiron unha ambulancia asistencial de soporte vital básico, así como persoal sanitario do PAC de Muros.



