Comisan 80 quilos de bivalvos a catro furtivos en Cabo de Cruz

22 Abril 2023

Vixiantes da confraría de Cabo de Cruz, en colaboración con axentes da Garda Civil, comisaron 80 quilos de bivalvo a catro furtivos que faenaban en Boiro. Todo comezou preto das 23.00 horas, cando os vixiantes detectaron a presenza de seis mariscadores ilegais collendo produto sen autorización. Aos poucos minutos outros tres furtivos sumáronse á actividade, incrementándose en pouco tempo a cantidade de persoas roubando marisco ata concentrarse 19 ladróns entre os areais de Xión e Barraña.

Os vixiantes da confraría de Cabo de Cruz víronse obrigados a solicitar apoio á Garda Civil do posto de Boiro para realizar unha operación en conxunto. A intervención dos axentes e vixiantes provocou unha masiva estampida de fuxida por parte dos mariscadores ilegais. Foron identificadas catro persoas e foron comisados 80 quilogramos de bivalvos que estaban ocultos nos arredores.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.