Boiro homenaxea aos sete alcaldes da democracia

15 Abril 2023

A cita tivo lugar no salón de plenos da casa do concello, onde se reuniron os antigos rexedores e moitos familiares que quixeron acompañalos.
O primeiro en intervir foi o rexedor actual, José Ramón Romero, que agradeceu a presenza dos convocados e manifestou que grazas ao traballo dous que viñeron antes, Boiro puido medrar para ser ou que somos agora. Depois falou Manuel López, fillo de Francisco López, primeiro alcalde da democracia boirense. Do mandato do seu pai resaltou o gran esforzo por mellorar a integración no sistema educativo da vila, que pasou de ter só pequenas escolas a colexios como se coñecen hoxe en día.
Manuel Velo sinalou que a pesar de non nacer en Boiro leva 53 anos residindo no municipio e que cando chegou nunca pensou ser o alcalde.

José do Río, o seguinte en falar sinalou con gran pena a ausencia dos homenaxeados falecidos e puxo en valor a reunión que alí se estaba producindo.
Jesús Alonso Escurís, que interveu en nome do seu pai, o fundador de Jealsa Rianxeira manifestou que «s condicións nunca serán fáciles porque así é a política.

Xosé Deira tamén tivo palabras amables para os que faltaban e resaltou o papel do pobo de Boiro na historia da vila.

Logo chegou a quenda de Juan José Dieste, que convidou os asistentes a reflexionar sobre a evolución do municipio nos últimos anos. O exrexedor pechou a súa intervención asegurando que «todos vos alcaldes que están aquí son grandes demócratas e persoas exemplares».

Os homenaxeados destaparon os retratos realizados por Cándido Pazó que colgarán das paredes da sala de plenos para transmitir valores democráticos ás xeracións vindeiras.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...