Boiro executa obras para a reforma dos vestiarios e aseos do campo de fútbol de Valiño

06 Abril 2023


O Concello de Boiro leva a cabo as obras para a reforma dos vestiarios e aseos de campo de fútbol de Valiño. As actuacións, dun importe de 37.076 euros, están financiadas con fondos propios do remanente de tesourería do ano 2023.
As actuacións contemplan unha serie de melloras nas instalacións para mellorar os servizos e a accesibilidade da instalación que acolle actividade deportiva en diversas categorías. As obras que se van a executar contemplan a creación dun novo vestiario; a creación duns aseos accesibles para o público e a zona de acceso á instalación.
Contemplase a reforma dos vestiarios de equipos e árbitros para crear un novo vestiario; faise unha redistribución dos antigos vestiarios e cuarto do conserxe para ubicar os aseos para público nunha zona intermedia entre o gradarío e a cantina; e vaise realizar un novo trazado do peche da instalación e ampliación da entrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.