Até catrocentos estudantes de Ribeira mergúllanse na historia do traxe galego no Museo Municipal

19 Abril 2023

Un total de 400 estudantes están a participar en Ribeira en catro obradoiros que, baixo o nome Cóntoche un traxe, desenvólvense no Museo Municipal impulsados polo Concello, no marco da programación do Abril dos Libros (co-organizada polas Concellerías de Cultura e Educación).

A través desta actividade os rapaces e rapazas son partícipes dun percorrido no tempo no vestiario tradicional dos nosos antergos grazas á colección en miniatura de traxes galegos realizados de xeito artesanal por Magdalena Bringas e que foi doada ao Concello. A colección atópase no segundo andar da antiga Casa de Doña Adela (Museo Municipal).

Os talleres están sendo desenvolvidos por Montse Rivera, unha das compoñentes de Leilía, que este ano deixa os escenarios tras tres décadas de andaina artística e que realiza a través dunha maneira sinxela e orixinal un percorrido no tempo para ver como era o vestiario dos nosos antepasados.

No día deste mércores 19 de abril asistiron cadanseus grupos de 50 rapaces pertencentes aos colexios Bayón e Olveira. Á actividade acudiu a primeira hora a concelleira de Cultura, María Sampedro. Ademais, o luns pasado o fixeron outros tantos do colexio Galaxia. A actividade proseguirá o venres e o vindeiro luns, recibindo a alumado de Heroínas de Sálvora de Aguiño, Sagrado Corazón de Castiñeiras, A Milagrosa de Oleiros e do CEIP O Grupo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...