Arredor de 700 profesionais do marisqueo da ría de Arousa poderán beneficiarse das axudas pola parada biolóxica nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

05 Abril 2023

Diario Oficial de Galicia –DOG– publicará nos vindeiros días a orde de axudas destinadas a compensar ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nos bancos marisqueiros dos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío, na ría de Arousa. Poderán optar a estes apoios uns 700 profesionais de arredor de 420 embarcacións marisqueiras e a eles a Consellería do Mar destina arredor de 4 millóns de euros cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Estas achegas foron analizadas hoxe no Consello da Xunta e o Goberno galego pon a disposición do sector afectado pola paralización temporal da actividade nestes bancos, unha decisión adoptada como medida técnica de conservación. O período da parada foi debatido coas confrarías de pescadores implicadas e quedou establecido desde o 1 de febreiro ata ao 30 de abril de 2023 co obxectivo de que a maior parte dos potenciais beneficiarios poidan acollerse a ela.

A axuda darase por 61 días hábiles dese período e dela poderán beneficiarse as persoas armadoras e tripulantes das embarcacións da 3ª lista -de pesca profesional- con porto base en Galicia afectadas pola paralización da actividade e que realizasen extracción cando menos 120 días entre os anos 2021 e 2022.

As persoas interesadas en cursar as solicitudes poderán consultar os requisitos e a documentación necesaria na orde que publicará o DOG nos vindeiros días. O prazo para presentalas será dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

A posibilidade de habilitar estas axudas á paralización temporal para aplicar medidas de conservación como os períodos de descanso biolóxicos dos recursos aparece recollida no regulamento do FEMP. Realízase para favorecer as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e para impulsar o desenvolvemento da actividade de xeito sustentable.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...