Al Grano leva a Rianxo o seu espectáculo de acrobacias aéreas e música sobre o café

03 Abril 2023

A compañía Al Grano presenta esta Semana Santa en Rianxo o seu último espectáculo, Kaldi. Será este mércores 05 de abril ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Segundo informa a Área de Cultura de Rianxo a cita promete ser “unha experiencia única e emocionante para todos os amantes do café”, bebida á que se rende homenaxe cun espectáculo de acrobacias aéreas, música en vivo e efectos visuais impresionantes, onde os espectadores serán transportados a un mundo cheo de maxia e aventura.

Trátase dunha función destinada a tódolos públicos. A entrada será balde ata completar capacidade.

Ficha do espectáculo

Un curioso ser fala a través de acrobacias aéreas e movemento sobre o mundo do café. A súa rutina diaria parece que está a ser do mais normal, ata que o café empézalle a afectar. Vai pasando por diferentes estados, transformándose, cambiando a súa calidade de movemento e mesmo a súa personalidade. Un trapecio, unha mesa, unha cadeira e moito café. Sobre todo moito café.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.