Adíase a inauguración da exposición pictórica Cores de terra e mar para 12 de maio

27 Abril 2023

A inauguración da mostra pictórica Cores de terra e mar, na Pobra, cambia de data. Finalmente, a apertura terá lugar no 12 de maio, ás 19.00 horas, na sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal. Contará coas intervencións da propia creadora, M.ª José Rodríguez, e da concelleira do Turismo, Charo Varela.

Trátase dunha serie de cadros que reflicten paisaxes marítimas e agrarias coas cales lles render un tributo ás súas xentes.

M.ª José Rodríguez une nesta exhibición o seu gusto pola ensinanza e a súa inquietude artística. Nada na Coruña, cursa a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa paixón pola arte, comeza a mergullarse no universo da creatividade a través de distintas disciplinas. Conta cunha dilatada traxectoria que se ve referendada por numerosas exposicións individuais e colectivas, premios e, incluso, impartición de clases.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Ambar inaugura no Museo do Gravado de Artes a exposición “Acotío”

Este venres 7 de novembro o Museo do Gravado de Artes acolleu a inauguración da exposición Acotío, unha mostra que reúne oito pezas de gravado en punta seca realizadas por artistas da área de arte da Asociación Ambar. A exposición é o resultado final dun obradoiro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.