A Xunta de Persoal da Área Sanitaria denuncia o desmantelamento do Hospital do Barbanza e anuncia mobilizacións

04 Abril 2023

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza emitiu este luns 3 de abril un comunicado no que critica a xestión levada a cabo na área e alerta de que esta xestión “está a provocar problemas no Hospital de Ribeira, o seu desmantelamento, a precarización laboral dos traballadores e a conseguinte fuga de facultativos cara outras áreas”, comentan, engadindo que “a Xerencia da Área está a obrigar ós traballadores do distrito de Santiago a cubrir as xornadas de garda no distrito da Barbanza por falta de persoal”.

Segundo explican, o equipo de traballadoras e traballadores da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza veñen sufrindo “esta política de precarización dende hai tempo”, materializada unha vez máis o pasado xoves 2 de marzo, indican, “cando a Comisión de Centro do Hospital de Santiago foi convocada para ser informada da situación crítica do Servizo de Medicina Internas, situación que os/as representantes dos/as traballadores/as xa viñan denunciando en repetidas ocasións”.

A Xunta de Persoal denuncia no seu comunicado que “as solucións tomadas pola Xerencia levan provocando modificacións substanciais nas condicións de traballo dos/as profesionais de varios Servizos do CHUS, sendo obrigados a desenvolver quendas ou gardas no Hospital de Barbanza, omitindo o seu deber de establecer os mecanismos adecuados para ofrecer un alto nivel de calidade asistencial como recolle a lexislación vixente”.

No comunicado tamén lembran que o Hospital da Barbanza conta cun equipo estrutural de 10 internistas, para atender a unha media de 60 camas diarias. A Xunta de Persoal denuncia que “actualmente a plantilla atópase reducida á metade, debido a mala xestión dos dirixentes da área sanitaria, pretendendo converter o hospital nun ambulatorio ante a falta de recursos humanos e coa pasividade dos alcaldes da área de Barbanza”.

Por todo isto, a Xunta de Persoal reuniuse o día 9 de marzo e decidiu por unanimidade “solicitar ós/ás responsábeis da Área, entre outras cousas, un informe detallado sobre a problemática existente no Servizo de Medicina Interna, así como unha planificación a corto, medio e longo prazo das medidas a tomar para dar solución a esta problemática”.

A Xunta de Persoal engade que non acredita que a obriga do desprazamento de un distrito a outro dos/as traballadores/as sexa a única solución posíbel, e reclaman que “como representantes dos/as mesmos non foron informados antes de realizar estes cambios, senón que os/as traballadores/as foron sometidos as modificacións substanciais das condicións de traballo”.

A Xunta tamén critica que “os/as traballadores/as de tódolos servizos afectados, seguen sen coñecer a planificación de cara os vindeiros meses, seguen sendo obrigados a desprazarse a realizar gardas dende Santiago a Ribeira, sen que se lles proporcione trasporte adecuado”.

Para rematar, anuncian mobilizacións para “defender os intereses dos seus traballadores/as”.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.