A Rede Cultural 2023 levará 1.220 espectáculos polos concellos da provincia

25 Abril 2023

A Rede Cultural da Deputación da Coruña 2023 programará durante este ano e o primeiro trimestre de 2024 un total de 1220 espectáculos, que chegarán a 91 concellos do territorio. A institución provincial realizará neste exercicio un investimento no circuíto de 1.512.576,18 euros. A oferta estará constituída por un amplo abano de propostas: nontaxes escénicas, audiovisuais, música, danza ou mesmo maxia.

Por programas, os 1.220 espectáculos distribúense do seguinte xeito:

Escena ao vivo, programa de propostas profesionais de teatro, monicreques, maxia, danza e música para concellos: 860 espectáculos (491 de teatro, 257 concertos, 85 de maxia e 27 de danza).

Visións, programa profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos: 81 filmes.

Lingua a escena, programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega: 149 actuacións.

Alicerce, programa de grupos de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades: 131.

A Deputación asume o 75% do orzamento das actuacións da Rede Cultural en concellos de menos de 5000 habitantes, o 60% nos que teñen entre 5000 e 10.000, o 50% nos de entre 10.000 e 20.000, o 40% nos de entre 20.000 e 50.000 e finalmente un 30% nos que superan os 50.000.

No relativo á programación, a Rede Cultural 2023 inclúe concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, De Vacas, Roi Casal, Cristian Leggiero & Paty Lesta, Mercedes Peón, Festicultores, Fillas de Cassandra ou Familia Caamagno.

As principais propostas da escena galega forman parte tamén do catálogo desta edición con espectáculos de obras teatrais e monólogos de Chévere, Talía Teatro, Mofa & Befa, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Mago Antón ou as AldaoLado.

Ampla é tamén a oferta para as crianzas, nunha aposta por achegar a nenos e nenas aos espectáculos ao vivo contribuíndo á creación de novos públicos cunha oferta na que se inclúen Caramuxo Teatro, Magín Blanco, Mamá Cabra, Pakolas, Fantoches Baj ou Polo Correo do Vento.

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

“O de sempre, para non variar: susto ou morte” – Antón Luaces

Segundo o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, España acadou no recente Consello de Ministros da UE bos resultados no Atlántico e Mediterráneo, de xeito que asegura a viabilidade dos 570 barcos que faenan no Mediterráneo e, no Atlántico, tamén "bos...

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

“Prácticas caciquís” – José Manuel Pena

Nos últimos tempos, a dereita política española está a preocuparse máis en lanzar trolas e mentiras para tratar de despistar sobre os múltiples casos de corrupción que tiveron, con sentenza firme, e que aínda ten xudicializados. Desde que o sr. Feijóo chegou á capital...