A mocidade da Pobra celebrará a primavera este vindeiro 21 de abril

18 Abril 2023

O IES da Pobra e o Concello presentaron o programa conxunto de actividades da Festa da Primavera, cuxos principais ingredientes serán diversas accións participativas arredor dos xogos e música. Á presentación asistiron o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo; alumnas coordinadoras desta iniciativa; e o director e vicedirectora do centro de estudos pobrense, Alejandro Bobillo e Belén Besada.

Candela Palacios e Aisha Casado, en representación das mozas, debullaron o contido da programación. As actividades concentraranse na tarde-noite do día 21 de abril. A partir das 17.30 horas, a praia dos Areos, nas proximidades do mercado municipal, será o escenario dunha xincana que porá en xogo un total de 600 euros en premios co formato de vales de compra en www.deanshop.es.

Estes premios serán 300 euros para o primeiro posto, 200 para o segundo e 100 para o terceiro. Para participar requírese unha idade mínima de 12 anos e as inscricións formalizaranse enviando unha mensaxe directa na conta de Instagram @festaprimavera_apobra.

A vertente musical correrá a cargo de Discomóbil Chocolate, das 22.00 horas en diante, na praza Alcalde Segundo Durán. Seguirase a temática eivisenca e tamén haberá un touro mecánico. Para contribuír a un festexo libre de agresións machistas habilitarase un Punto Violeta cunha profesional que realizará actividades interactivas coas persoas asistentes e repartirase material divulgativo.

Na súa intervención, o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo, apunta que esta proposta lúdica busca incentivar ao alumnado á toma de decisións e á resolución de dificultades, nesta ocasión, a través da organización dun festival. Isto tamén posibilita que coñeza a realidade da xestión económica dun evento destas características e observar de primeira man o funcionamento de distintas áreas da Administración local.

Pola súa parte, o director do IES, Alejandro Bobillo, pon en valor este tipo de proxectos que fomentan a educación en valores cívicos entre o alumnado, ademais de seguir estreitando lazos entre o centro da ensinanza secundaria e o Concello.

Outros artigos

María Fernández Sandoica presenta o seu poemario na Pobra

María Fernández Sandoica presenta na Pobra do Caramiñal o seu poemario Todo lo que no confundimos por amor. O acto terá lugar no 3 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Alí estará arroupada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo. No libro, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...