A Marea Cidadá de Noia organiza este xoves 20 de abril un Faladoiro de Urbanismo

19 Abril 2023

A Marea Cidadá de Noia continuará este xoves cos seus Faladoiros temáticos, reunións con convidados e convidadas nos que tratar diversos aspectos para, posteriormente, integralos no programa electoral de cara ao vindeiro 28M. Se a semana pasada a xuntanza buscaba abordar a cuestión da cultura, desta volta o Faladoiro versará sobre Urbanismo. Para isto contase ca presenza do ex-concelleiro de Compostela Aberta e arquitecto Jorge Duarte, co membro de Betanzos Novo e especialista en urbanismo Hipólito Pérez e co ex-concelleiro de urbanismo en Noia, Xosé Bernaldo Castro. A reunión, de carácter aberto a calquera veciño ou veciña de Noia, celebrarase este xoves 20 de abril ás 20:15h no Hostal Valadares.

De acordo co voceiro e candidato da formación, Manolo Seijas, “estamos a deseñar un programa pensado para as maiorías sociais, dende Noia e para Noia. Estamos a facelo da man de calquera que estea disposto a aportar e a achegar o seu gran de área, sexa cal sexa o ámbito do que proveña.”- finalizou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...