A exposición pública a municipalización do aparcadoiro soterrado do centenario

01 Abril 2023

O Concello de Ribeira saca a exposición pública a memoria de municipalización do aparcadoiro soterrado do Centenario. Así, segundo publicou onte o Boletín Oficial da Provincia, hoxe ábrese un prazo de trinta días naturais para quetodos os particulares ou entidades interesados formulen as consideracións que consideren.
Este trámite ten lugar despois de que no pleno do pasado luns a Corporación aprobase inicialmente esta municipalización, considerando como a forma máis axeitada para a xestión do servizo público, a Xestión indirecta mediante contrato de servizos polos seguintes motivos:
1º) A xestión directa total do servizo nas condicións propostas implican a ampliación do cadro de persoal adscrito ao servizo, o cal viría dificultado pola taxa de reposición de efectivos regulada na lei de orzamentos do Estado de 2023, que implica que as prazas necesarias por riba do número de dous, están afectadas pola taxa de reposición ordinaria do 110%.
2º) Por outro lado, a xestión indirecta mediante concesión de servizo ten como inconveniente a complexidade de tramitación do expediente con toda a documentación esixida pola actual Lei de contratos do sector público, incluíndo o informe da Oficina Nacional de Avaliación ao esixir a achega municipal para asegurar a rendibilidade da concesión, e o elevado número de anos necesario para asegurar a amortización das obras de rehabilitación, o cal constrinxiría a capacidade de decisión das corporacións futuras sobre o servizo.
3º) Polo contrario, a opción de xestión municipal apoiada por unha empresa mediante un contrato de servizos de portería e mantemento ten a vantaxe de que o concello retería a capacidade de decisión
sobre as instalacións, cunha maior flexibilidade de cara a futuros cambios do servizo en función da demanda dos cidadáns, sempre iso si, que se consiga dotar orzamentariamente as contías pertinentes
para a dita xestión e sobre todo, para a execución das obras de rehabilitación no presuposto municipal.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.