A Biblioteca da Deputación da Coruña convocou a edición 2023 do concurso Palabras de amor: #140enpositivo, que xa vai pola entrega décimo primeira. O certame ten como finalidade espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia.

A iniciativa é un convite a achegar mensaxes positivas que “nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades”, explícase nas bases.
Poderán participar todas as persoas físicas, a partir de 7 anos, escollendo a categoría na que participa.
Nas bases especifícase que “a máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes teñen que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio a diferentes causas: unha mensaxe en positivo”.
As mensaxes terán unha extensión de 280 caracteres, os espazos contan.
Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.
As mensaxes poden estar escritas en galego ou castelán.
Cada participante poderá entregar ou enviar como máximo 3 mensaxes ou composicións.
As mensaxes deben ser inéditas ou non serán candidatábeis para os premios.
Deberán enviarse a través dun correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal co asunto “#140enpositivo”, e especificando a mensaxe e os datos persoais da autoría (nome e apelidos, enderezo postal e número de teléfono) e en que categoría participan (categoría 1 para maiores de 18 anos, categoría 2 entre 12 a 17 anos e categoría 3 entre 7 e 11 anos)
O prazo no que se pode participar no concurso é do 17 de abril ao 17 de maio de 2023
Os premios repártense en dúas categorías:
– Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
– Categoría 2: Entre 12 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
– Categoría 3: Entre 7 a 11 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
De entre todos os traballos presentados seleccionaremos, polo tanto, 9 gañadores ou gañadoras.
O premios consisten en:
– Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
Un libro electrónico para o primeiro premio.
1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
– Categoría 2: Entre 12 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
Un libro electrónico ou tableta para o primeiro premio.
1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
– Categoría 3: Entre 7 a 11 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
Un lote de productos de escritura e manualidades para o primeiro premio valorado en 75 €
1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 50 € para o segundo premio.
Un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.
Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca provincial para todos os participantes.
Finalizado o prazo de participación, anunciaranse os premiados na páxina web da biblioteca, fisicamente na propia Biblioteca, e nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.



