A Asociación de Empresarios de Ribeira activa este martes a súa Campaña do Día da Nai

24 Abril 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai activar este 25 de abril a súa Campaña do Día da Nai, edición 2023. O miolo da campaña é un sorteo dirixido a tódolos clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados participantes. O obxectivo fundamental é incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio retallista e hostalería de Ribeira, segundo explicou a patronal.

A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 25 de abril ó 7 de maio de 2023. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio e subindo o tícket á web da asociación. Os sorteos realizaranse o luns 8 de maio ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios.

Segundo informa a patronal, “nesta campaña poderán participar tódolos consumidores maiores de idade, que se rexistren a tal efecto e que realicen unha compra ou consumición por calquera importe nos establecementos participantes, sempre e cando a compra se realice durante as datas de duración da campaña.” Isto é, do 25 de abril ao 7 de maio de 2023.

Nas bases faise saber que “os consumidores participantes deberán en todo caso conservar o tícket da compra ou consumición realizada, a fin de dispoñer dun xustificante”.

A forma de participar será a seguinte: o consumidor/cliente poderá rexistrarse para participar nesta campaña na pestana Sorteos na web www.empresariosriveria.com efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que lle dará dereito a unha participación no sorteo. No rexistro deberá quedar identificada a operación de compra/consumición realizada e o cliente ou consumidor. A realización dos sorteos será de xeito telemático mediante un código programado que

elixirá aleatoriamente aos agraciados de entre tódolos participantes, ata conseguir os gañadores do premio e un suplente para cada un.

O consumidor/cliente/usuario rexistrado na campaña poderá optar aos premios con varias participacións se é o caso, pero unha vez agraciado cun premio, xa non poderá optar a ningún máis na mesma edición.

Os premios destas campaña serán vales de compra por importe de 1.000€ menos a retención dos impostos obrigatorios, e o asesoramento dunha personal shopper que acompañará á persoa premiada no momento de realizar as compras do premio. Este ten que ser gastado un día en concreto a determinar entre a asociación e a/o premiada/o nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 31 de maio de 2023. O importe deste premio deberá ser gastado nos tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración.

Os outros premios da campaña son 20 entradas para unha sesión de masterclass de estilismo e cestas da compra valoradas en 50€ cada unha.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.