Ademais, unha persoa resultou ferida de gravidade despois de que o coche que conducía se saíse da vía en Muros, na AC-550, á altura do punto quilométrico 34 no cruce de Ancoradoiro.
O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente co aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o lugar do sinistro e no que a persoa ferida foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela.
Nada máis ter coñecemento dos feitos, ás 8:20 horas desta mañá, desde o 112 Galicia informouse ao GES de Muros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da vía de circulación.




