
Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia, uns minutos antes das 17:15 horas, para dar conta do accidente, que tivo lugar no punto quilométrico 25 da autovía, en sentido a Padrón.
Axiña, tras ser alertados polo 112 Galicia, ata o lugar do sinistro acudiron os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro, os membros do Servizo Municipal de Protección Civil, os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía de circulación.
Por outra banda na outra beira da ría, Un home resultou ferido nunha perna co motocultor que manexaba en Vilanova de Arousa. O varón tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés.
Os feitos sucederon no lugar da Fontenla, ás 15:30 horas desta tarde.
Foi un familiar do home ferido quen puxo a situación en coñecemento do 112 Galicia, nese momento.
Axiña, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilanova de Arousa e da Policía Local.



