Servizos Sociais de Ribeira organiza esta primavera obradoiros de patchwork, autocoidado, musicoterapia e poda

09 Marzo 2023

O Concello de Ribeira, a través da concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, presentou este xoves 9 de marzo un novo paquete de accións formativas para a cidadanía, a desenvolver estes meses de primavera dentro do Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores.

No programa hai propostas innovadoras como os obradoiros que se van realizar sobre patchwork, autocoidado da imaxe e musicoterapia, cursos aos que se engade unha actividade formativa sobre poda, que se desenvolve este mes, entre o 20 ao 21 de marzo, de 9.30 a 13.30 horas no Centro Social de Oleiros e estará impartido por Carmen Freire.

Os obradoiros de musicoterapia, que correrán a cargo de Esperanza Mara, terán lugar nas parroquias de Aguiño (no Conservatorio, os días 14, 21 e 28 de marzo e o 4 de abril, de 11 a 12 horas), Corrubedo (no Centro Social, os días 14, 21 e 28 de abril e 5 de maio, de 17 a 18 horas), Ribeira (no Espazo Xuvenil os días 12, 19 e 26 de maio e 2 de xuño, de 17 a 18 horas) e Palmeira (na Casa do Mar, os días 7, 14, 21 e 28 de xuño, de 11 a 12 horas).

O taller de autocoidado da imaxe será impartido por profesores da Academia Yara e terá lugar nas nove parroquias, en horario de 16.30 a 18.30 horas: Oleiros (22 de marzo), Corrubedo (29), Aguiño (19 de abril), Castiñeiras (26), Artes (3 de maio), Carreira (10), Palmeira (24) e Ribeira (31).

En canto ao obradoiro de patchwork, celebrarase entre o 3 de abril e o 26 de xuño nas aulas da rúa Cristóbal Colón, en horario de 18.15 a 20.15 horas).

Ana Barreiro (quen estivo acompañada da técnica municipal Nieves Lampón) avanzou algúns datos sobre outras accións formativas que se van realizar en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Así, o 24 de marzo terá lugar un curso sobre primeiros auxilios na Aula do Maior Aguiño, en tanto que o Centro Cultural Lustres Rivas (de 16.30 a 20.30 horas) acollerá unhas xornadas sobre saúde entre o 13 de abril e o 11 de maio. Tamén están previstos outros cursos de problemas de conduta e accións de novas tecnoloxías na adolescencia; alimentación e nutrición nos maiores; reumatoloxías e xestión da dor; resolución de conflitos; e un segundo curso de primeiros auxilios.

Máis información e inscricións (totalmente gratuítas) no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios (teléfono 981 874 131 / mail servizossociais@ribeira.gal).

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.