Segundo recolle La Voz de Galicia, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro realizou máis de 3.200 atencións no último ano nos distintos servizos que se prestan desde o departamento, que conta cun persoal que atende emerxencias as 24 horas.
O concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, fixo fincapé na variedade de servizos que se tramitan, como son «axudas de dependencia e teleasistencia para persoas maiores, tarxetas de benvida para familias… que melloran a calidade de vida de todos, ademais de prestar cobertudra ás necesidades primarias».
Na actualidade o departamento traballa tamén para levar a cabo actividade que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas, orientadas a mellorar a saúde física e mental con propostas de lecer, tempo libre e inclusión.




