Preto de 2 millóns de euros da Deputación para investimentos e actividades culturais de entidades sen fins de lucro e formacións musicais

06 Marzo 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe as bases de catro convocatorias de axudas da área de Cutlura da Deputación, para apoiar actividades e investimentos culturais de entidades sen fins de lucro e corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia. A institución provincial destina para estes fins un total de 1.980.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de marzo.

A Deputación reservará 480.000 euros (cun mínimo de 1.500 e un máximo de 30.000 por beneficiario) para apoiar actividades culturais de corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato da provincia. Ademais, consignará outros 200.000 euros (cun mínimo de 1.500 e un máximo de 15.000 por beneficiario) para o financiamento neste exercicio dos investimentos culturais desas formacións musicais.

En canto á liña de axuda a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais, a Deputación achegará un millón de euros, cun mínimo de 1.500 e un máximo que varía en función da modalidade: A, entidades de natureza cultural (que poderán recibir ata 30.000 €); B, entidades de natureza veciñal (10.000 €); C, entidades de natureza socioeducativa (10.000 €) e D, entidades de natureza social e/ou asistencial (10.000 €).

Mentres, na liña de apoio a entidades sen ánimo de lucro para investimentos culturais, a institución provincial repartirá 300.000 euros, cun mínimo de 1.500 e un máximo segunda a modalidade: A, entidades de natureza cultural (ata 30.000 €); B, entidades de natureza veciñal (10.000 €); C, entidades de natureza socioeducativa (10.000 €) e D, entidades de natureza social e/ou asistencial (10.000 €).

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.