Pino e Magalhães reflexionan ma Pobra sobre a sociedade actual en Fenómeno Fan

16 Marzo 2023

O libro Fenómeno Fan une a poesía de Clara Pino coa pintura de Xavier Magalhães para analizar o concepto de movemento de masas e, a partir de aí, abordar outros temas. Literatura e arte de corte intimista que fala moito de denuncia social e de feminismo. O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi novamente, este xoves 16 de marzo, o escenario dun encontro cultural con motivo da presentación desta obra ao público pobrense.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañou no acto á autora Clara Pino, quen tamén se encargou de dar o toque musical á cita, e ao editor Xabier Romero. Durante a súa intervención, a edil salientou a conexión de dous medios de expresión, de palabras e de trazos, para, a través da cultura, reflexionar sobre a sociedade actual.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...