Os socialistas de Ribeira presentaron un rogo para ser debatido en pleno relativo á estrada provincial CP-7310 na parroquia de Oleiros, e tamén ao río Sanchanás ao seu paso pola mesma parroquia.
Segundo indica a agrupación, a día vía discorre entre a estada comarcal AC-550, á altura de San Martiño,e e ata o lugar de Os Muiños, na parroquia de Oleiros. O PSOE local lembra tamén que se trata dunha estrada de dobre sentido de circulación que ten na actualidade certas eivas que cómpre emendar, como por exemplo a ausencia de beiras no treito comprendido entre Portochouzo e Meixe, con herbas que invaden a calzada, “o que provoca inseguridade viaria, ao que se engade a falta definición nas marcas viarias que sinalen o carril de circulación”, indica a agrupación socialista de Ribeira, que din que a situación agrávase en tempo de chuvias ou de escasa visibilidade.
En virtude de todo o devandito, o PSOE de Ribeira pide que “por parte da delegación que corresponda sexa valorada a realización e colocación dunha canalización de 60 metros lineais, que falta entre a actual liña de pluviais dende Meixe ata 20 metros antes da ponte do río Sanchanás, onde xa esta colocada outra liña ao río; co fin de regular a seguridade viaria no lugar, tanto a circulación rodada como a peonil, e así evitar posíbeis accidentes causados pola escasa visibilidade, e a falta de cuneta ou beira”. Piden tamén que se valore a colocación de tapas nas dúas arquetas existentes, que son de importante risco pola súa profundidade, a ambos lados da ponte do río Sanchanás.




