Dende este mércores día 1 de marzo e até o venres 3 as persoas maiores de Porto do Son van poder tirar proveito dos servizos gratuítos que se ofrecen a través da unidade móbil itinerante do programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Xunta (un ano máis) para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á poboación maior de 55 anos.
Estes son, concretamente, os servizos que se ofrecen:
-Estimulación da memoria cognitiva e funcional, promoción de hábitos de vida saudábeis e de envellecemento activo.
-Podoloxía. Corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas.
-Audioloxía. Exploración do oído, prevención da perda auditiva.
Para gozar destes servizos cómpre establecer unha cita previa a través das seguintes canles:
622 748 283 – 623 546 992
correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal




