Os libros e a cultura mariñeira centraron unha charla en Noia

21 Marzo 2023

Noia Histórica e Terra Saúde organizaron o pasado 16 de marzo, no Edificio do Casino, unha charla sobre a frutífera, complexa e histórica relación entre os libros e a cultura mariñeira, unha confluencia temática da que teñen abrollado grandes obras da literatura e grandes poetas e novelistas. A charla Literatura e o Mar, que ateigou o Casino de seareiros das temáticas mariñeiro-literarias, puxo en foco en cuestións como a sustentabilidade, a vida no mar e os contos e as novelas que tratan sobre a vida no mar, alén doutras temáticas relacionadas cos barcos máis literarios e cos animais mariños que foron protagonistas de libros senlleiros.

Contouse coa presenza da libreira e escritora Mercedes Corbillón, o mariñeiro, comunicador e instagramer Rogelio Santos Queiruga e todo presentado e moderado polo escritor Enrique Suárez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...