Rianxo vai acoller o vindeiro martes 21 de marzo o espectáculo Ben Vennas Maio, unha proposta para conmemorar o Día Europeo da Música Antiga que vén da man de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos. Será como dixemos o martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
Ben Vennas Maio é tamén un traballo discográfico concibido a xeito de viaxe no tempo ás Cantigas de Alfonso X a través de dúas linguaxes que se atopan: o da música medieval e o jazz. Editado por aCentralFolque en formato vinilo, nesta obra a música conflúe con outras dúas propostas artísticas: as que ofrecen as fotografías de Eutropio Rodríguez e a creación literaria de Alba Cid.
Música, texto e fotografía mostran a súa entidade mentres se discuten os temas centrais de Ben VennasMaio: cancións, maio, primavera, mulleres. Para este proxecto, o contrabaixista e compositor galego Pablo Sanmamed conta con músicos de renome internacional como Begoña Olavide (salterio e voz), ElenaTarrats (voz), Xurxo Varela (viola de gamba), Iago Mourinho (piano), Chus Pazos (batería) e Carlos Castro (percusións).