O Concello de Rianxo organiza dous obradoiros sobre certificado dixital e manexo de móbiles

21 Marzo 2023

O Concello de Rianxo organiza dous obradoiros de iniciación á tecnoloxía: unha actividade formativa sobre certificado dixital e sede electrónica e outra sobre como tirarmos o máximo proveito do noso móbil e da nosa tableta.

O primeiro dos talleres aprenderanos a obter un certificado dixital e a realizar xestións con el nas sedes electrónicas das administracións.

O 25 de marzo será unha xornada previa na que se darán os pasos necesarios para solicitar un certificado electrónico, que se obterá ao longo da semana. Tamén se pode participar co certificado propio.

O taller celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril de 10.30 a 12.00 h na Aula de Informática do Auditorio de Rianxo.

Sobre o obradoiro de manexo de móbil ou tableta, búscase iniciar ás persoas adultas do concello no manexo destes dispositivos.

O Concello explica que para asistiren a esta actividade formativa, as persoas interesadas deberán acudir co seu propio dispositivo (móbil ou tableta). Este taller desenvolverase os xoves de abril e maio de 18.15 a 19.45 h no Auditorio de Rianxo. As actividades son de balde e a admisión será por orde de inscrición.

Para inscribirse, pódese acudir ao Auditorio de Rianxo ou facelo en liña co formulario habilitado polo Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...