O alumnado do Obradoiro Dual Pazo de Rianxiño visitou a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán

29 Marzo 2023

O alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, coa intención ampliar e completar a súa formación, visitou as instalacións da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, ambas situadas en Pontevedra.

Segundo explicou o Concello de Rianxo (responsábel do obradoiro) a Estación Fitopatolóxica Areeiro ten un alto prestixio no ámbito da sanidade vexetal, na investigación e experimentación sobre cultivos forestais, agrícolas e ornamentais, como a camelia, e na defensa e conservación do patrimonio vexetal. Conta con laboratorios dedicados ao diagnóstico e investigación das pragas e enfermidades dos vexetais, á edafoloxía e a estudos de cultivos. Dispón asemade dunha colección de camelias de máis de 1.000 exemplares, xardín de aromáticas e outras especies vexetais que “fai que sexa un xardín cun carácter didáctico moi interesante”.

A visita dos alumnos-traballadores de Rianxo realizouse con guías especializados que explicaron o traballo que alí se realiza, así como o patrimonio que forman os seus xardíns.

Pola súa banda, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán desenvolve proxectos de investigación en diferentes áreas do seu ámbito de acción. É pioneiro no desenvolvemento e posta en práctica de numerosos produtos e tecnoloxías forestais. Leva a cabo numerosos proxectos e ensaios forestais e conta así mesmo co xardín botánico máis importante de Galicia, con árbores incluídas no Catálogo de Galego de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia.

Tanto a Estación Fitopatolóxica Areeiro como o Centro de Investigación Forestal de Lourizán contan con contornas axardinadas de alto valor e de interese para ambos certificados.

O obradoiro

O Concello de Rianxo puxo en funcionamento o Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño, co obxectivo de formar a 15 alumnos/as traballadores/as na especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

O obradoiro, impulsado polo Goberno local, conta con financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, que lle concedeu ao Concello unha subvención de 377.990,25 euros. A actividade formativo-laboral destínase como dixemos a 15 alumnos/as-traballadores/as, con contratos de formación dunha duración de 12 meses e o seu correspondente profesorado.

O alumnado recibe formación no ámbito da instalación e o mantemento de xardíns e zonas verdes, centrándose nas áreas exteriores de lecer do Pazo de Rianxiño e contribuíndo ao seu mantemento e mellora, “á vez que aprenden un oficio con amplas perspectivas de emprego”, explicou no seu día o Concello, engadindo que os traballos abranguen a conservación das arbores con valor ornamental, o acondicionamento de zonas axardinadas, a accesibilidade as mesmas pensando nas futuras usuarias e usuarios do Centro de Día. Amais, contémplase tamén a eliminación das especies danadas e achégase o mantemento da finca durante un ano.

Por outra banda, estase a formar ao alumnado do obradoiro en sementeiras, plantacións, cortas, sistemas de rega, tratamentos fitosanitarios, entre outros ámbitos profesionais.

O anterior obradoiro realizado en Rianxo o ano pasado centrouse nos menores de 30 anos e levou por nome Carnero Valenzuela II de confección e publicación de páxinas web.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.