Noia e a USC achegan media ducia de actividades formativas para persoas maiores

09 Marzo 2023

O Concello de Noia e a Universidade de Santiago de Compostela poñen en marcha unha nova edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, proxecto da USC dirixido á democratización do coñecemento para persoas maiores, descentralizado nos concellos. Trátase, en concreto, dunha iniciativa gratuíta de formación universitaria dirixida a maiores de 50 anos.

A Concelleira de Eventos, Beatriz Rosende, explicou que o programa levarase a cabo no Edificio do Casino, na Rúa Galicia, e que o prazo de inscrición está aberto ata o 27 de marzo. A matrícula pode formalizarse no Concello de Noia. A axenda inclúe media ducia de actividades, abordando cuestións como os novos retos socioeconómico, o ecobriefing, a escritura na historia, a arqueoloxía ou, tamén, os recursos dos que se poden botar man para termos un sono de calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.