Manuel González repite por Compromiso como candidato de Outes

11 Marzo 2023


O actual alcalde de Outes, Manuel González, repetirá como candidato de Compromiso para as eleccións do 28 de maio tras ser reelixido por unanimidade na asemblea que a agrupación local celebrou este sábado. O cabeza de lista indicou que se sentía con ganas e ilusión de continuar co traballo desenvolvido nos últimos catro anos xunto cos compañeiros que conforman o seu equipo.

Tras a súa elección, Manuel González fixo referencia a ese traballo realizado durante o mandato que xa afronta a recta final. O candidato salientou a relevancia que, ao seu xuízo, acadou o municipio incluso máis alá dos límites da comarca.

A pesar de que aínda non está pechada a lista coa que Compromiso Outes acudirá ás próximas eleccións o compromiso do cabeza de lista é manter o equipo de persoas que o acompañou hai catro anos, aínda que non descartou introducir un novo cara.

Manuel González naceu en Outes en 1975 e é profesor de Economía da Universidade de Santiago de Compostela.

R

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.