Máis de douscentos escolares do Barbanza participan no programa Alimentes de Gadis

31 Marzo 2023

Máis de 200 escolares de Barbanza participan durante este curso no programa educativo Alimentes de supermercados Gadis, un plan para o que se recuperou unha das actividades que esperta maior interese por parte das nenas e os nenos: as visitas presenciais aos puntos de venda. No percorrido polas diferentes seccións dos supermercados, a rapazada de Educación Infantil e Primaria, acompañada por monitores formados en nutrición, pon en práctica todas as nocións adquiridas nas aulas sobre alimentación saudábel e consumo responsábel, e tamén sobre recursos a aplicar para aproveitar a máxima cantidade de alimentos e o evitar o desperdicio. “Son tres dos piares sobre os que pivota este plan formativo, que tamén profunda na importancia de practicar exercicio físico”, explicaron fontes da cadea alimentaria galega.

En Gadis, sinalaron, “estamos comprometidos coa educación de calidade e co apoio ás familias para fomentar un estilo de vida saudábel desde a infancia, por iso poñemos o foco nas seccións de produto fresco durante as visitas aos establecementos: froitas e verduras, peixe e carnes frescas, legumes e lácteos, entre outras”.

Nas actividades do programa Alimentes explícase ás nenas e nenos a importancia de consumir produtos de proximidade e de tempada para conseguir menús máis equilibrados e sustentábeis.

Participación total

Máis de 14.000 alumnas e alumnos de Educación Infantil e Primaria de Galicia e Castela e León participan no programa de Gadis durante o actual curso escolar. O últimos dez anos foron máis de 46.000 estudantes os que se sumaron a esta enriquecedora experiencia que promove a cadea de supermercados no marco do seu plan de Responsabilidade Social Corporativa.

Outros artigos

Venres 6 con chuvascos fortes acompañados localmente de treboada

Na xornada do venres os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que co avance do día irán chegando ao resto da Comunidade. As precipitacións serán localmente treboentas e poderán vir acompañadas de sarabia. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión