Lete Lasa destaca a calidade do remo en Galicia e sitúa a Cabo de Cruz como referente mundial do banco fixo feminino e masculino

10 Marzo 2023

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou no serán de hoxe as instalacións do Club de Remo Cabo da Cruz ao que describiu como referente mundial do banco fixo.

Nunha semana tan importante na que se celebra o Día da Muller, o mandatario galego destacou o alto nivel de todos os equipos do Cabo de Cruz, tanto masculinos como femininos. Neste sentido lembrou as dúas estadías do Cabo de Cruz na máxima categoría do remo de banco fixo, a ACT-Euskolabel. A primeira dende os inicios da competición, en 2003, ata 2008 e a actual na que leva nove anos ininterrompidos, desde 2014, na elite do remo. Por outra banda, lembrou o ascenso no ano 2022 do Cabo feminino á máxima categoría nacional feminina, a Euskotren, despois de rematar en primeira posición na LGT feminina. Do mesmo xeito, Lete Lasa non quixo esquecer ao filial do Cabo de Cruz que actualmente compite na Liga Galega de Traíñas.

O titular do deporte galego ratificou o apoio da Xunta de Galicia ao Cabo de Cruz que no ano 2022 recibiu un total de preto de 42.000 euros -máis de 4.500 na orde de actividade, máis de 5.000 en equipamento e preto de 32.000 euros no Plan de Patrocinio Publicitario da Fundación Deporte Galego-.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.