Inaugurado o Coworking Dixital Ccompostela da Cámara de Santiago (con servizos tamén para os concellos do Barbanza)

31 Marzo 2023

Este venres 31 de marzo inaugurouse en Santiago un novo centro de innovación e traballo colaborativo, impulsado pola Cámara de Comercio local, a Deputación e o Concello e incorporado á Rede de Centros de Traballo Colaborativo da entidade provincial. Estamos a falar do Coworking Dixital Ccompostela, centrado como se indica no seu nome en acubillar e impulsar proxectos relacionados coas novas tecnoloxías da información.

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo, a presidenta da entidade cameral María Pais Fajín, e o deputado de emprego José Ramón Rioboo participaron na inauguración do Coworking Dixital Ccompostela, e destacaron a importancia de “crear espazos de sinerxías e innovación” de “de que este tipo de centros de traballo colaborativo estean especializados por sectores, xa que favorecen o xurdimento de colaboracións entre as distintas persoas usuarias”.

O Coworking Dixital Ccompostela busca apoiar a transformación das pemes na súa dixitalización, como vía necesaria para reforzar a súa produtividade, a súa competitividade, o seu crecemento e a súa internacionalización.

Prevese que este centro impulse a dixitalización de máis de 350 empresas durante 2023 a través de servizos dixitais personalizados.

Para a súa posta en marcha, a Cámara de Santiago contou cun investimento de 300.000 euros, executados en dúas fases: a primeira realizada con fondos FEDER e a segunda, co apoio do INCYDE e da Deputación da Coruña, que comprometeu 188.947,52 euros, o 20% do custo total.

María Pais Fajín destacou que o CCompostela é un proxecto global, que porá a disposición de empresas e persoas emprendedoras un espazo coworking con equipamento tecnolóxico e programas específicos de acompañamento, incubación e aceleración de empresas, ademais de todos os servizos que a Rede Provincial de Coworking da Deputación oferta a todas as persoas usuarias.

Segundo fixeron saber, as empresas que desenvolvan neste espazo os seus proxectos empresariais poderán participar en máis de 40 actividades programadas ao longo dos próximos meses que se celebrarán en Santiago, así como nos 32 municipios do sur da provincia da Coruña, xa que, como todos os centros da Rede, o coworking dixital Ccompostela ten un marcado carácter supramunicipal. O seu ámbito de actuación será o mesmo que o da Cámara de Comercio de Santiago, que comprende un total de 32 concellos da provincia: A Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar.

Durante a inauguración tamén tomaron a palabra Natalia Vázquez Poza, directora de proxectos FEDER da Fundación INCYDE, o outro organismo co-financiador do proxecto; Nuria Alonso Santamaría, directora en MOVE Estrella Galicia Dixital, que expuxo os novos modelos de negocio e as novas oportunidades que supón a transformación dixital; Fany Suárez Mansilla, subdirectora de investimentos e startups do IGAPE; e, para clausurar o evento, Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela, destacou a importancia deste tipo de espazos de traballo colaborativo, nos que se xeran sinerxías e se fomenta a innovación do tecido empresarial.

A posta en marcha do Coworking Dixital Ccompostela, dixo, incidirá directamente no crecemento económico da zona, “a través da especialización tecnolóxica nos sectores produtivos industriais, mediante a aplicación de tecnoloxías dixitais, todo iso baseado nun modelo innovador de transferencia de coñecemento”.

Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo

A Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, en continuo crecemento desde a súa posta en marcha en 2018, conta xa con 11 espazos adheridos que prestan servizos de fomento do emprendemento e asesoramento na creación de empresas con carácter supramunicipal e especializándose nos sectores estratéxicos de cada comarca.

Actualmente conforman a Rede o coworking Pazo de Arenaza en Oleiros, o centro de transformación Daquí Darredor en Brión, o LAB Barbanza en Boiro, o espazo A Proa en Ames, o centro de desenvolvemento comarcal de Moeche, o Green Coworking das Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra, o Coworking Dixital CCompostela de Santiago, o Coworking A Pobra, o Coworking A Capela e o Coworking Fórum Carballo.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

“Alternativa habitacional” – José Manuel Pena

A lexislación establece que en caso de desaloxos dos seus fogares de persoas ou familias vulnerábeis a Administración ten que garantir unha alternativa habitacional. En Galicia, é competencia da propia Xunta de Galicia e en ocasións non se lles garante porque non hai...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...