“Galicia sabe a mar e os pescadores non son alleos á pesca” – Antón Luaces

22 Marzo 2023

Sí, o comisario de Pesca da UE, Sinkevicius, está demostrando un día si e outro tamén, que a pesca mariña é algo que se practica no mar con algo que se chama barco e que estes levan aparellos a bordo cos que realizan as

tarefas que permiten capturar peixes que os humanos comen con fruición nos seus domicilios, en bares e restaurantes. E agora comeza a saber que existe unha pesca que din de fondo que, ao non ser do gusto das organizacións ecoloxistas, Europa debe prohibir porque el, Sinkevicius, o manda. Sinkevicius non aprendeu nada na súa relación co mar e a pesca pero está decidido a acabar con esta.

Diante de toda esta patulatada, varios ministros europeos de Pesca -entre estes o de España- falaron alto e claro no decurso dunha reunión celebrada o pasado luns en Bruxelas: NON AO PLAN DA UE PARA PROHIBIR A PESCA-DE ARRASTRE DE FONDO EN ZONAS MARIÑAS PROTEXIDAS, foi o acordo.

O ministro español de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, defende a pesca de arrastre e o Parlamento Europeo nega a prohibición da pesca de arrastre de fondo, mentres que os sindicatos europeos de pescadores dan mostra da súa preocupación polo plan de arrastre que, para o sector pesqueiro galego ven ser a súa acta de defunción a moi curto prazo de tempo.

E por unha vez, a conselleira do Mar da Xunta, nunha comparecencia no pleno do Parlamento de Galicia dixo o mesmo que din os traballadores do mar: “do mar se vive”, falou Rosa Quintana, por se Sinkevicius non o sabe, algo que Quintana lle aclara: “Todo para os pescadores sen os pescadores”, un absurdo do que é a política pesqueira da Unión Europea, entelequia do máis obtuso que tivo a ocorrencia de dar o poder dos salseiros a quen na súa vida mollou o cu no mar, Sinkevicius é de secano e ten po a esgalla nas membranas do interior da súa cabeza, xusto alí onde outros europeos teñen o cerebro.  

Porque a proposta do comisario Sinkevicius é tan negativa que todos os adxectivos que se lle apliquen levan implícita a negatividade: “incoherente, incomlreta, ineficaz, inxusta, inconexa”, dixo Quintana, quen engadiu: “feita sen autocrítica” no afán de frear a posta en marcha desas estratexias comunitarias de cara ao ano 2030, dotadas dunha excesiva “visión medioambiental” con aplicación de medidas ambientais  carentes de avais científicos que a sustenten máis aló do “cúmulo de despropósitos” que significa o intento de poñer en práctica a estratexia da pesca sostible e a transición enerxética do sector pesqueiro da UE.

O comisario Sinkevicius debe facer a maleta e practicar a pesca libre cunha canaveira da Habana nunha lagoa do seu país e deixar que os mariñeiros, a xente de mar, marquen estratexias.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.