Galicia presenta a demanda para acompañar á frota no seu recurso contra o veto á pesca de fondo

30 Marzo 2023

A Xunta de Galicia presentou esta semana ante o Tribunal Xeral da Unión Europea a demanda de intervención da comunidade autónoma como parte coadxuvante no recurso presentado pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) e os seus socios contra o regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea que veta a pesca de fondo en 87 zonas de augas comunitarias. A consellería explicou, logo da presentación da demanda, que “se o tribunal acepta a participación como parte coadxuvante, o Executivo galego poderá intervir no procedemento e defender de xeito directo os intereses tanto da frota afectada como do conxunto da autonomía”.

porto de vigo foto: ana varela

A demanda presentada pola Consellería do Mar fundamenta a súa potestade para exercer esta acción lembrando que “a norma que prohibe a pesca de fondo afecta a caladoiros vitais para a frota galega, polo que a intervención neste proceso xudicial incardínase de xeito incuestionábel nas obrigas e competencias da Xunta en representación do interese público”.

Ademais salienta “o impacto socioeconómico que esta medida ten na comunidade, especialmente dependente da pesca en relación co resto de rexións da Unión Europea”.

O Executivo galego subliña que o pesqueiro “é un sector estratéxico tanto polo seu peso económico como pola súa dimensión social pois aporta o 4,8% do Produto Interior Bruto (PIB) da comunidade, preto do 5,5% do Valor Engadido Bruto e é o cuarto sector con maior volume de exportacións”.

A demanda galega tamén incide en “que o sector pesqueiro é vital para a economía dun terzo (109) dos concellos galegos, converténdose na actividade principal dalgúns deles como Ribeira (32% do seu PIB) ou Burela, con preto do 20%”. De feito, estes municipios son porto base dalgúns dos 200 buques directamente afectados e distribuídos por todo o territorio costeiro galego.

A Xunta lembra ademais o impacto que o veto decretado por Bruxelas está a ter xa no sector e que pode agravarse no futuro: “Só nos 100 primeiros días de vixencia desta prohibición as capturas totais da frota afectada descenderon un 22%, unha caída que en moitos casos chegou ao 50%, especialmente para algúns barcos que faenan en augas de Gran Sol”.

A Consellería do Mar estima que as perdas directas da frota galega poderían alcanzar os 216 millóns de euros ao ano, unhas cifras que nas lonxas de Galicia ascenderían ata os 228 millóns de euros dado que os portos da comunidade reciben tamén descargas de buques doutras rexións. “A isto”, explica o departamento que dirixe Rosa Quintana, “engádese que o veto pon en risco de xeito directo o futuro desas 200 embarcacións e de preto de 2.300 tripulantes mentres que de xeito indirecto están ameazadas arredor de 900 embarcacións e outros 2.400 profesionais do mar”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...